Na materia das linguas estranxeiras no contexto español e internacional adicamos 3 sesións a tratar o tema 5, cuxos contidos se refiren ao deseño curricular base para as linguas estranxeiras. O primeiro que tratamos na primeira sesión foi un repaso das competencias clave incluídas na LOMLOE. Aínda que xa as coñecíamos porque formaban parte dos contidos da materia de deseño curricular que tivemos no módulo común, considero que o repaso destas foi adecuado para o desenvolvemento da actividade práctica que realizamos máis tarde neste quinto tema.
Tras a introdución das competencias clave continuamos cun repaso sobre os graos de concreción curricular, algo que tamén estudamos en deseño curricular. Porén, a estes niveis engadimos novos tipos de clasificacións que ata o momento descoñecíamos. Considero importante coñecer que existen diferentes xeitos medir a concreción curricular, sobre todo porque isto nos facilitará de cara ao futuro a correcta interpretación e comprensión dos documentos. Cómpre mencionar que á hora de tratar a teoría sobre o decreto que establece que o currículo de linguas estranxeiras na ESO e no Bacharelato, afondamos moito máis neste aspecto do que fixeramos en deseño curricular, polo que, como futuras docentes de lingua estranxeira, chegamos a ter maiores detalles sobre estes pormenores para preparar mellor as unidades didácticas. A maiores, tratamos páxinas de información específica sobre FP, algo que non tratamos de forma diferenciada no módulo xenérico.
Tras esta explicación puramente teórica, a actividade práctica ocupounos o final da sesión e a totalidade da sesión seguinte. En minigrupos de entre catro e tres persoas, asignámonos unha sección específica do currículo para que cada grupo a analizase en profundidade. No caso do meu grupo era como se trataban as linguas estranxeiras no currículo da ESO, desde aspectos xenéricos ata medidas de adaptación curricular, tratamento da diversidade e inclusión na aula e sistemas de avaliación. Ademais, debíamos autoavaliarnos o noso propio traballo seguindo uns criterios previamente establecidos polo profesor, e explicar e xustificar que competencias estivemos mobilizando na realización do propio traballo.
Durante o que quedou da primeira sesión adicamos todo o tempo a seleccionar os apartados do currículo que se correponden co obxectivo do noso traballo. Iso foi a parte máis sinxela, porque logo veu a parte de lelos, entendelos e simplificalos. Esta parte xa comeza coa segunda sesión da materia, e abranguiu case a primeira metade da clase. Non foi sinxelo resumir e simplificar extensos paragráfos de linguaxe xurídica en frases de curta extensión e cun vocaabulario máis asequible e comprensible para calquera persoa, de aí que fose unha parte que nos tomou tanto tempo. Como o tempo apremiaba, e despois diso tiñamos que expor o noso traballo ao resto da aula, mentres dúas persoas do noso grupo sintetizabamos os fragmentos xurídicos, outra compañeira ía creando unha presentación PowerPoint e introducindo o contido nas diferentes diapositivas. Aínda que era un traballo un pouco estresante pola rapidez coa que había que realizalo, foi un bo xeito de poñer a proba a nosa capacidade de traballo baixo presión. Isto forzounos a delegar tarefas entre diferentes integrantes integrantes do grupo, o cal non sempre é fácil. Pola miña experiencia con traballos en grupo, moitas veces pasaba que ao termos un prazo de entrega extenso, en vez de dividirnos as tarefas faciamos todas as persoas a mesma parte conxuntamente. É obvio que isto ten os seus beneficios porque mellora moito a calidade do traballo, pero tamén é certo que aumenta considerablemente o tempo de duración do mesmo. Que este traballo nos obrigase a delegar entre integrantes do grupo aumentou a nosa cohesión e confianza mutua.
Unha vez todos os grupos rematamos as nosas presentacións, procedimos a expoñelas ao resto da clase. Neste punto o máis interesante foi o feito de termos que autoavaliarnos, algo que nunca fixeramos na nosa etapa universitaria. Outro aspecto de interese foi que cada grupo tiña o encargo de avaliar a outro, algo que si vira excepcionalmente noutra materia durante a etapa do grao, pero ao que tampouco se lle asignara o mesmo tempo e concreción como nesta presentación.
O feito de que cada grupo tratase unha parte diferente do currículo e o expuxese ante a clase puxo en práctica un modelo de aprendizaxe cooperativa que nunca tratara ata o momento na miña ensinanza previa. Paréceme un modelo adecuado para implementar no futuro nunha aula de lingua estranxeira porque implica activamente ao alumnado, o cal soluciona un dos maiores problemas do noso sistema educativo actual: o abuso de métodos de ensino tradicional.
Xa na terceira sesión deste tema ocupamos os primeiros minutos para unha última presentación que quedara pendente da sesión anterior e logo metímonos de cheo nunha sesión teórica sobre como se regula o currículo das Escolas Oficiais de Idiomas. Ao igual que mencionei antes, foi algo non abordado nas sesións de deseño curricular, polo que foi importante que se tratase o tema nalgún momento do mestrado. Despois a explicación, tratamos o contido aprendido a través dun cuestionario interactivo de Kahoot. Isto foi ben interesante e divertido, sobre todo porque serviu para activar a nosa enerxía de grupo tras unha explicación teórica; de novo, algo que empregaría eu de cando en vez como docente.
Finalmente, a última actividade que realizamos no que quedaba de aula foi, nos minigrupos das sesións anteriores, elaborar unha presentación entre toda a clase enteira. Cada grupo xestionaba dúas diapositivas relativas a un aspecto concreto do currículo das EOI, e logo expoñíamolo ao resto da clase. Outra vez, esta actividade demostrou que é posible chegar a realizar de xeito exitoso un traballo grupal, nesta vez a maior escala, implicando non só a tres ou catro persoas, senón implicando a todos os grupos á vez.
3 comentarios:
Ola, Marta! Estou totalmente de acordo contigo en que, aínda que xa vimos contidos na materia de Deseño Curricular, afondamos máis no currículo de linguas estranxeiras e, polo menos a min, quedoume moito máis claro. Ademais, como dis, tratamos información específica sobre a FP, da que non tiñamos nin idea.
Respecto das actividades pareceume ben interesante levar a práctica esa teoría e penso que, deste xeito, afianzamos mellor os contidos. Asemade, nunca fixera autoavaliación e creo que tamén é importante para reflexionar sobre o que fixemos ben ou mal e, sobre todo, para aprender. Na parte de avaliar a outro grupo, que nunca me gustou esa responsabilidade, vino tamén como unha aprendizaxe de xeito construtivo. Por outra banda, no noso caso, que estivemos no mesmo minigrupo, creo que esta actividade serviunos para organizarnos mellor, delegar e achegar ideas en pouco tempo e, ademais, unirnos máis como grupo (e isto tamén se viu no Kahoot haha).
En resumo, este tema serviunos para aprender sobre o deseño curricular, pero tamén de nós como grupo e de que como a avaliación pode ter tamén un compoñente de aprendizaxe.
¡Hola, Marta! Estoy completamente de acuerdo sobre lo que apuntas acerca de las autoevaluaciones. Yo tampoco había experimentado esta técnica hasta el momento y he descubierto que realmente es muy útil dentro del proceso de aprendizaje. Esta técnica nos sirve para adquirir conciencia de nuestro propio proceso de aprendizaje y observar nuestras fortalezas y nuestras limitaciones.
En cuanto a la coevaluación, que sí que habíamos practicado en otros momentos en nuestra etapa universitaria, creo que nos fue muy útil para experimentar la dificultad que algunas veces presenta el proceso de evaluación. Esta técnica también nos permite aprender de nuestros compañeros y compañeras, analizando su trabajo y adquiriendo nuevas técnicas y estrategias.
¡Hola Marta!
Me gustó mucho tu publicación, y además de lo que dijiste sobre la evaluación de la primera tarea - presentaciones grupales, me gustaría agregar que la evaluación del trabajo de un grupo por otro grupo me pareció una etapa muy importante en nuestro entrenamiento como docentes, porque a pesar de que desarrollamos relaciones amistosas en el grupo, teníamos que evaluar adecuadamente el trabajo de cada uno, sin hacer concesiones. Y esta fue una práctica importante, porque en el futuro, como maestros, tendremos que hacer lo mismo: evaluar honestamente a los estudiantes, independientemente de nuestra simpatía por ellos, porque solo de esta manera podemos obtener una imagen real de su éxito.
Además, escribes que nunca te has encontrado con la evaluación de tu propio trabajo en el proceso de aprendizaje, y creo que esto es una gran omisión en el sistema educativo. Muchos estudiantes mencionan que no han tenido que evaluarse a sí mismos antes, y de verdad fue una experiencia interesante y honestamente agradable -después de todo, muchas personas se enfrentan al síndrome del impostor y tal ejercicio - un intento de evaluar adecuadamente su trabajo, me parece muy útil para tratarlo.
Publicar un comentario